miércoles, 21 de octubre de 2015

Vendima



Non sei como acabara o que agora está a rematar na adega a fermentación, pero o que si podo afirmar con un grande sorriso, e que este ano a vendima foi ben bonita. Xa non recordaba o poder elixir case que ate a hora de vendima , na maña, para que as uvas fosen ben fresquiñas a adega. Primeiro as castes brancas no Val de San Vicente, 12 días despois brancas do Val de San Amaro e xa a finais de Setembro e principios de Outubro castes tintas dos dous vales. Penso que cada caste se vendimou no seu mellor momento, boa maduración, boísima acidez, moi gustosas as uvas, iso nas brancas, e nas tintas as maís de 15 castes que se traballan moiequilibrado o conxunto , boísima graduación, mellor acidez , moita largura…. Agora, que pase o tempo e que o viño reflicta o ano climático tan extremo que tivemos , a lentísima maduración das uvas, a dureza diaria do traballo, e o sorriso que  tivemos de orella a orella durante toda a vendima.
Na adega as cousas tamén van mellorando,estreei  a miña prensa , o poder dispoñer dela facilitoume moitísimo o traballo , pouco a pouco o meu espazo empeza a converterse  nunha adega de colleiteiro. Tamén estreei a cuba do meu avó que refixemos durante o Inverno Perfecto (un dos últimos cubeiros do Ribeiro) e mais eu (xa vos falarei maís a fondo disto) cuba de Castiñeiro de 12 moios (1632 litros).


No sé como acabara lo que ahora mismo está a finalizar en la bodega la fermentación , pero lo que si puedo afirmar con una gran sonrisa, es que este año la vendimia fue bien bonita. Ya no recordaba el poder elegir casi que hasta la hora de la vendimia( un lujo), por la mañana, temprano, con las uvas bien frescas para la bodega. Primero las variedades blancas del Valle de San Vicente, 12 días después, blancas de Valle de San Amaro, y ya a finales de Septiembre y principios de Octubre, variedades tintas de los dos valles. Pienso que cada variedad se vendimio en su mejor momento, buena maduración, buenísima acidez, muy gustosas las uvas, eso en las blancas, y en las tintas, las más de 15 variedades que se trabajan, muy equilibrado el conjunto, buenísima graduación, mejor acidez, mucha longitud…. Ahora,  que pase el tiempo y que el vino refleje el año climático tan extremo que tuvimos, la lentísima maduración de las uvas, la dureza diaria del trabajo, y la sonrisa que tuvimos de oreja a oreja durante toda la vendimia.
En la bodega las cosas también van mejorando, estrene mi prensa, el poder disponer de ella me facilito muchísimo el trabajo, poco a poco mi espacio empieza a convertirse en una bodega de Colleiteiro. También estrene la cuba de mi abuelo que rehicimos durante el invierno Perfecto(uno de los últimos cubeiros del  Ribeiro)y yo( ya os hablare más a fondo de esto) cuba de Castaño  de 12 moios (1632 litros).
 
De estrena,mais ou menos. 

Na vendima un dos mellores momentos e a hora do bocadillo
As castes brancas de Firvidelas inaguraron a prensa. 
Hoxe rematou a fermentación na cuba, agora que pase o tempo
 
Este ano A Canda portouse de maravilla , moi bo Brancellao e boisimo Sousón
Todas as pernas son poucas para pisar, e tamén mans, para o posterior despalillado
E rematamos a vendima