domingo, 15 de febrero de 2015

Cara atras



Mirar cara adiante, tentar cada ano, cada día, facer mellor as cousas, cada nova colleita mellor ca anterior, cada novo viño, novos  descubrimentos, pero todo iso non e posible se de cando en vez no volto a vista atrás. Mais ou menos sei cara onde vou, ou polo menos cara onde quero ir. Un domingo calquera coma hoxe, paro, fago reconto de cómo van os traballos ,  cómo se presentan as vindeiras semanas nas viñas, cal e punto do camiño no que me atopo despois de levar  maís de 14 anos traballando cas videiras, pois a cousa vai lenta, pero vai. No aprendizaxe esta a ilusión, i eu necesito moita ilusión, aprendo moitísimo das persoas, dos seus coñecementos , das súas experiencias, pero aprendo tamén, mirando cara os tempos pasados, o tempo e un saco sen fondo de sabidurias. Desta volta mergulleime nunha das maís fermosas ladeiras do Val de San Vicente a procura de ilusión, e viñen ven cargado dela. Xa tiña pisado polos seus camiños, pero este  domingo adentreime  nas súas entrañas, ate vin labregos e carreteiros cos seus xugos de bois carrexando pipas de viño pola verea cara A Ponte, mais penso que esto último foi unha ilusión óptica debido a botella de Issué 2012 que me zanpei na comida para ir vendo a súa evolución, por certo xa vai collendo forma. Nesta ladeira podemos ver o esquema físico (paisaxe ,construcións)e de concepción e posta en funcionamento dunha adega antes dos anos 50. Na parte superior da ladeira, monte baixo, toxo , xestas, carrascas ,sobreiros… fonte de nutrición para os chans das viñas, na parte media da ladeira, entre os 100 e 170 metros de altitude ,socalcos e maís socalcos de viñas, na parte baixa, xa mais protexida do sol, adegas, moitas adegas, neste caso  un grupo dunhas 23 adegas unidas por unha verea empedrada para permitir o paso dun carro.



Mais nesta pequena incursión tiven unha grande sorpresa, atopei nunha destas adegas, algo do que xa alguén que xa non está entre nos  me falara; un dos poucos lagares de pedra que quedaban sen desfacer,  e ademais ca prensa  formando todo un conxunto . A luz e moi escasa, xa que a adega esta semi enterrada, faltan as cubas , a lagareta e canastos da prensa, pero o demais está en perfecto estado, non costa imaxinar o duro e longo traballo nas adegas, non custa imaxinar o que para estes Vales da Arnoia significaban as palabras, viñas, videiras, uvas, Viño.

VEREA CHEGANDO O FONDO LA LADEIRA


Mirar cara adelante, intentar cada año, cada día, hacer mejor las cosas, cada nueva cosecha mejor que la anterior, cada nuevo vino, nuevos descubrimientos, pero todo eso no es posible si de vez en cuando  no echo la vista atrás. Mas o menos se cara a donde voy, o por lo menos cara a donde quiero ir . Un domingo cualquiera como el de hoy, paro, hago recuento de cómo van los trabajos, como se presentan las próximas semanas en las viñas, cual es el punto del camino en el que me encuentro después de llevar más de 14 años trabajando con las vides, pues la cosa va lenta, pero va. En el aprendizaje está la ilusión , y yo necesito mucha ilusión, aprendo muchísimo de las personas, de sus conocimientos, de sus experiencias, pero aprendo también, mirando cara a los tiempos pasados,  el tiempo es un saco sin fondo de sabiduría. Esta vez me buceé en una de las más hermosas laderas de Valle de San Vicente a la procura de ilusión , y vine cargado de ella. Ya tenía pisado por sus caminos, pero este domingo me  adentre en sus entrañas, hasta vi labregos e carreteiros cos seus xugos de bois, carreteando  toneles de vino por el camino cara A Ponte , pero pienso que esto último fue una ilusión óptica debido a la botella de Issué 2012 que zanpe en la comida para ir viendo su evolución, por cierto va cogiendo forma. En esta ladera podemos ver el esquema físico(paisaje, construcciones) y de concepción y puesta en funcionamiento de una bodega  antes de los años 50. En la parte superior de la ladera, monte bajo , tojo, xesta, carrascas, alcornoques … fuente de nutrición para los suelos de las viñas, en la parte central de la ladera, entre los 100 y 170 metros de altitud, bancales y mas bancales de viñas, en la parte inferior y mas protegida del sol, bodegas,  muchas bodegas aquí tenemos un grupo de unas 23 unidas por un camino empedrado para permitir el paso de los carros.
 
IMOS CARA AS ÚLTIMAS ADEGAS PRETO DAS VIÑAS

Mas en esta pequeña incursión tuve una agradable sorpresa, encontré en una de esas bodegas algo que una vez me comento una persona que ya no está entre nosotros ; uno de los pocos lagares de piedra que quedan en la zona sin deshacer, y además con la prensa formando un único conjunto. La luz es muy escasa, ya quela bodega está semienterrada, faltan las cubas, la lagareta y canastos de la prensa, el resto está en buen estado. No cuesta imaginar el largo y duro trabajo en las bodegas, no cuesta imaginar lo que para estos Valles de Arnoia significaban las palabras, viñas, cepas, uvas, Viño.

ÚLTIMAS ADEGAS
O MONTE QUERE ESCONDER O EXPLENDOR DESTAS TERRAS, DENTRO O LAGAR
LAGAR E PRENSA
PISÓN DE PEDRA
LAGAR E TRABE
MUROS E MAÍS MUROS
O SOL ENTRA CON FORZAENTRE AS ÁRBORES NESTA LADEIRA QUE MIRA CARA O SUR-OESTE
OS CARBALLOS HAN COIDAR DOS MUROS


lunes, 19 de enero de 2015

2015 .....



Rematou o período de Lúa descendente diste mes de Xaneiro, nestes 14 días  o igual que o pasado ano fomos podando aquelas  zoas con castes de ciclo longo e moi longo e tamén as viñas que non teñen orientación Sur,  esas quedan para as próximas Lúas. Tocoulle pois o Fexaco, todas as castes elí presentes, agás o Caíño da Terra, O Curro, e Os Casas. Nos primeiros días do mes fixemos tamén o augardente , aproveitei  ese tempo antes de comezar a poda para destilar, foron días de traballo e moito descanso . O lume ten efecto hipnótico  relaxante, obrígate a estar quieto , iso venme moi  ben, ademais chegaron os fríos e as xeadas neses días, estábase moi ben o lado da pota. O inicio do Inverno esta a ser frío e chuvioso, augura un bo ano, pero, igual se torce 13 e 14 foron moi torcidos. Xa co augardente da colleita 2014 empezamos a elaborar as extraccións hidroalcohólicas, o allo vai ser fundamental si temos un final de Primavera como o do pasado ano.
O MIQUIÑO DA CASA

Finalizo el periodo de Luna descendente de este mes de Enero, en estes 14 días al igual que la pasada campaña fuimos podando aquellas zonas con variedades de ciclo largo y muy largo y también las viñas que no tienen orientación Sur, esas quedan para las próximas Lunas. Le toco pues al Fexaco, todas las variedades allí presentes excepto el Caíño da Terra, O Curro,  e Os Casas. En los primeros días del mes hicimos también el aguardiente , aproveche ese tiempo antes de comenzar la poda para destilar, fueron días de trabajo y mucho descanso. El fuego tiene efecto  hipnótico ,relajante , te obliga a estar quieto, eso me viene muy bien , además llego el frio y heladas en esos días, se estaba muy bien al lado de la pota. El inicio del Invierno está siendo frio y lluvioso, augura un buen año, pero, igual se tuerce, 13 y 14 fueron muy torcidos. Ya con el aguardiente de la cosecha 2014 empezamos a elaborar las extracciones hidroalcohólicas , el ajo va a ser fundamental si tenemos un final de Primavera como el del año pasado.


TREIXADURA NO FEXACO

VAL DE SAN AMARO, FEXACO.



INVERNO, TEMPO PARA VER PASAR O TEMPO

EXTRACTO HIDROALCOHÓLICO DE ALLO

O CURRO

domingo, 14 de diciembre de 2014

Medrando (devagarciño)




Atrás xa queda a colleita 2014, duro ano, moi duro , e non hai mellor cousa para recuperar os ánimos, e as forzas, que ir visualizando proxectos  novos , ir xa bebendo na imaxinación os jrandes viños que han saír deses pequeñinos socalcos que nalgúns casos imos  recuperar e plantar noutros. Non o nego, son zoas como outras que xa traballo, duras, exixentes , todas as labores da viña teñen que ser feitas a man, con moito ríspeto e delicadeza, son fráxiles, mais son tamén cautivadoras, eiquí  e onde topamos o non limite do Ribeiro, eiquí topamos a verdade, que a Natureza non ten limite, o limite poñémolo nos.

                                             O CURRO


Os Vidueiros, zoa situada no Val de San Amaro, na mesma ladeira que Campo Redondo , pero nun dos pleques mais escarpados da mesma, idéntica orientación sur, chan  xa non de aluvión do Coto de Novelle(Campo Redondo)se non  granítico pero con moito contido en arxilas, o que o fai idóneo para castes de ciclo moi longo e que necesiten boa insolación. Nestes socalcos temos cepas moi vellas, vellísimas, case cadáveres retorcidas polo paso do tempo, mais unha grande maioría cuns pes e superficie radicular en perfecto estado. Na Primavera faremos unha reenxerta nestes 3 socalcos, seguiremos a recuperar o Verdello Antigo(caste branca) nun dos socalcos e nos outros poñeremos púas de Caíño Longo e maís Espadeiro do Ribeiro, tintas( o mestre Paco Rego non para de atopar vellas castes, i eu a enxertalas). Xa despois da  vendima  Adolfo e maís eu puxemos nestas viñas preparados de Ortiga, Consolda , Maria Thun e 500 para axudar a subir  a vitalidade destes chans pobres, pero nestas últimas semanas puxemos tamén toxo , fixen un acolchado para buscar durante o ano que ven un bo aporte de nitróxeno e carbono, fundamental para que a enxerta e posterior crecemento sexan óptimos.


OS VIDUEIROS



O Curro socalcos abandonados xa fai moito tempo , e que neste final de Verán recuperei  facendo desbroces e agora traballos no chan. Van ser dúas pezas máis nas que ei plantar portaenxertos, nos que logo se inxertara Brancellao.


       Levando toxo para os socalcos novos e tamén os vellos do Curro 
 
O Fexaco , tres pequeniños bancais de chan pedregoso, coio , xisto, moi interesante,situados entre a Tinta Amarela e o Caíño Bravo que reenxertamos o pasado Abril, ei por tamén portaenxertos para logo enxertar Espadeiro do Ribeiro. 
O SETE, PEQUENOS SOCALCOS NO FEXACO


 Atrás queda ya la cosecha 2014, duro año , muy duro, y no existe mejor manera de recuperar ánimos y fuerzas, que visualizar y crear proyectos nuevos, ir bebiendo en la imaginación los grandes vinos que pueden salir de esos pequeñitos bancales, que en algunos casos vamos a recuperar y plantar en otros. No lo niego, son zonas como otras que trabajo, duras, exigentes, todos los trabajos de la viña tienen que ser hechos a mano, con mucho respeto y delicadeza, son frágiles, pero también cautivadoras, aquí es donde nos encontramos con el no limite del Ribeiro,  aquí vemos la verdad, que la Naturaleza no tiene límite, el limite lo ponemos nosotros.
 
SUBINDO TOXO PARA OS VIDUEIROS

Os Vidueiros, zona situada en el Valle de San Amaro, en la misma ladera que Campo Redondo, pero en uno de sus plieques mas escarpados, idéntica orientación sur, suelo ya no de aluvión del Coto de Novelle, si no que granítico con mucho contenido en arcilla, ideal para  variedades de ciclo muy largo y que necesiten buena insolación. En estos bancales tenemos cepas viejas, viejísimas, casi cadáveres retorcidos por el paso del tiempo, mas una gran mayoría de ellas con unos pies y superficie radicular perfectos. En la Primavera haremos una nueva reinjerta en estos tres bancales, en uno de ellos seguiremos recuperando el Verdello Antiguo (blanca) en los otros dos Caíño Longo y Espadeiro do Ribeiro (tintas, el profesor Paco Rego no para de recuperar variedades antiguas, y yo a injertarlas). Después de la vendimia en estas viñas Adolfo y yo pusimos preparados de Ortiga , Consuelda, Maria thun y 500 para ayudar a subir la vitalidad de estos suelos muy pobres, pero en estas últimas semanas, puse en ellas acolchados de toxo (tojo) buscando un buen aporte de nitrógeno y carbono que le va a venir muy bien a la injerta y posterior desarrollo de la cepa.
 
OS VIDUEIROS

O Curro, viñas abandonadas hace muchos años, y que en este final de Verano recupere, desbrozando la maleza y trabajando el suelo ahora. Van a ser dos nuevas viñas en las que plantaremos portainjertos  en los que posteriormente injertaremos Brancellao.
 
NOVOS SOCALCOS NO CURRO

O Fexaco  ,tres pequeñitos bancales de suelo pedregoso, coios, xistos, muy interesante, situados entre las viñas de Tinta Amarela y Caíño Bravo que reinjertamos en Abril, voy a poner también portainjertos para luego injertar  Espadeiro do Ribeiro.

.

 O SETE, PEQUENOS SOCALCOS NO FEXACO


lunes, 20 de octubre de 2014

TERROIRE, na jalisia



O mellor desta vendima e sen dubida, o pouco que durou.  As choivas , a pronta chegada do Outono, puxeron fin a unha colleita 2014 certamente complexa e carregada de incógnitas. Vendima apurada o máximo ,sen pizca de disfrute,nin tempo para percibir nin decidir, o que teña que ser será, nin fotos quitei. Pero o mellor , quen sabe, a Natureza e sabia i eu dende a miña ignorancia non son quen de interpretar un ano dan duro coma iste , pero as uvas que saen de Firvidelas, O Fexaco, Campo Redondo ,  A Canda, O Curro, Os Casas, si , quen sabe , e o mellor cando se engarrafe Issué 2014 e Mai 2014 xa se poida ulir o suave verán de ese ano , e o mellor cando xa abramos unha desas garrafas poderemos ver, ulir e saborear, as treboadas, as mañás frías, a loita contra o Mildeu, O Black Rot a pouquiña luz , o ano 2014 nun grolo de viño, Terroire.


A parte alegre desta vendima, sen dúbida,  a chegada de Adolfo dende o  CIFP A GRANXA onde está a cursar estudos de Vitivinicultura para facer as súas practicas comigo , estará pois aguantándome ate mediados de Novembro..

Os viños están a fermentar a bo ritmo, sen incidencias.



Deixamos as pipotas e depósitos e voltamos sen case descanso as viñas. Temos que aproveitar que as choivas fixeran acto de presenza tan cedo. Pasamos xa os ganchos en todas as viñas, para favorecer  o desenvolvemento microbiano e a xerminación de sementes no chan, mentres eu empurraba polo motocultor Adolfo aplica no chan maceracións de Consolda e Ortiga.



Desenraizamos  as cepas que reenxertamos en Abril, menuda enxerta , non fallou case ningún, e o desenrolo vexetativo foi fantástico , para o ano que ben xa contamos con maís cepas vellas de  Tinta Amarela, Ferrol, Caíño Bravo e Verdello Antigo.



Lo mejor de esta vendimia sin duda, fue lo poco que duro. Las lluvias, la rápida llegada del Otoño, pusieron fin a una cosecha 2014 ciertamente compleja y cargada de incógnitas. Vendimia apurada al máximo, sin pizca de disfrute, ni tiempo para percibir ni decidir, lo que tenga que ser será, ni fotos quite. Pero a lo mejor, quien sabe, la Naturaleza es sabia y yo desde mi ignorancia no soy quien de interpretar un año tan duro como este, pero las uvas que salen de Firvidelas,  O Fexaco , Campo Redondo,  A Canda, O Curro, Os Casas, si quien sabe, y a lo mejor, cuando embotelle el Issué 2014 y Mai 2014 ya se pueda oler el suave verano de ese año , y a lo mejor cuando ya abramos una de esas botellas, podremos ver, oler y saborear, las tormentas, las mañanas frías, la lucha contra el Mildiu ,  Black Rot , la poquita luz, el año 2014 en un trago de vino Terroire (terroir).



La parte alegre de esta vendimia , sin duda, fue la llegada de Adolfo desde el CIFP A GRANXA, donde esta a  cursar estudios de Vitivinicultura para hacer sus prácticas conmigo, estará pues aguantándome hasta mediados de Noviembre.

Los vinos están a fermentar a buen ritmo y sin problemas.

Tinta Amarela, Caíño da Terra, Carabuñeira, Ferrol, Caíño Bravo, Sousón, Brancellao, Castañal, Pedral, Mencia, Tinta Roriz, Alicante.....


Dejamos las pipotas y depósitos y volvimos casi sin descanso a las viñas. Tenemos que aprovechar  que las lluvias hicieran acto de presencia tan pronto. Pasamos los ganchos en todas las viñas  para favorecer el desenvolvimiento microbiano y la germinación de semillas en el suelo, mientras yo empujaba por el motocultor, Adolfo  aplicaba maceraciones de Consolda y Ortiga.

Desenraizamos  las cepas que re injertamos  en Abril, buena injerta no fallo casi ninguno, y su desarrollo vegetativo esta siendo fantástico, para el año ya contamos con mas cepas viejas de  Tinta Amarela, Ferrol,  Caiño Bravo y Verdello Antigo.



The best part of this vintage was without any doubt its short duration. The rain and the early arrival of the Autumn ended the 2014 harvest, which was certainly complex and full of unknowns. Was a fast vintage, without any enjoyment neither time to perceive nor decide, it will be what it has to be, not even time for photos.

But maybe, who knows, the nature is wise and I´m not able to understand with my ignorance a tough year like this, but the grapes coming from Firvidelas, O Fexaco, Campo Redondo, A Canda, O Curro, Os Casas, they know, and maybe when Issué and Mai 2014 are bottled, the sweet smell of that summer could be smelled, and maybe when we open one of those bottles we´ll be able to see, smell and taste the storms, the cold mornings, the fight against Mildeu, the Black Rot, the low light…2014 in a sip of wine, Terroir.



The happy part of this vintage without doubts, was the arrival of Adolfo from the institute CIFP A Granxawhere he´s studying viticulture, to make his practices with me, so he´ll be supporting me till midle of November.

Wines are fermenting with nice rhythm, no issues.  


We left barrels and tanks, coming back to the vineyard almost without rest. We must take advantage of the early arrival of the rain. We pass with the hooks all over the vineyards, to stimulate microbial development and the rooting of seed in the soil. While I was pushing the agrimotor Adolfo applies over the ground macerations of Consolda and nettle.



We uproot the strains we re-grafted last April, and what a grafting, not even a single graft failed, and the vegetative development was terrific, so for next year we´ll have more old plants of TintaAmarela, Ferrol, Caíño Bravo e Verdello Antigo.