domingo, 30 de agosto de 2015

Xa quedou maís



No 2001 comecei a traballar nas miñas viñas, dende entón sempre me acompañou a ilusion e as gañas todas as noites,  de espertar e marchar cara a calqueira de elas e disfrutar. Pero este ano xa dende o mes de Xuño probei nas miñas carnes a dureza extrema do traballo nas viñas cun ano exaxeradamente caloroso e seco. Modifiquei o horario que ate entón levaba no meu dia a dia, nada de mañá e tarde, nas viñas antes de que rompera o día e a tarde xa cerca de que o sol se esconderá, i esí ate fai 10 días, imposible estar nas ribeiras as seis da tarde. Pero ben, xa caseque pasou, uns días atrás veu un bo día de choiva, baixaron as temperaturas e subiron os ánimos, esperemos que o fin da campaña sexa todo o bo que necesitamos os viticultores de tódolos sitios. A falta de comunicación con todos vos foi froito do cansazo, as veces agotamento, pero non por falta de cousas que mostrar. Dende a última entrada, tiven unha boa pedrada en Campo Redondo, un bo ataque de Black Rot que finalmente conseguín atallar coa axuda de Mauro,    viticultor paisano de Coia que gasta as súas forzas nunha grande Quinta da Francia, grazas Mauro, seca , moita seca.Tamén gran resultado nas reenxertas dos Vidueiros e Fexaco, e a día de hoxe, boa colleita, sen maís, seguramente moito maís pero a prudencia e o medo a voltar a ter un ano desastroso fanme covarde, despois da vendima falamos, si maís ou menos. E as uvas, tema primordial, seguen o seu camiño, con diferenzas dependo do Val , das castes,  das orientacións , e do vella que sexa a cepa, se o clima o permite a ser unha vendima longa e bonita.


En el 2001 comencé a trabajar en mis viñas, desde entonces siempre me acompañó la ilusión y las ganas todas las noches, de despertar y marchar hacia cualquiera de ellas. Pero este año ya desde el mes de Junio , probé en mis carnes la dureza extrema del trabajo en las viñas con un año exageradamente caluroso y seco. Modifique el horario que hasta entonces llevaba en mi día a día , nada de mañana y tarde, en las viñas antes de que rompiera el día y a la tarde ya cerca de que el sol se escondiera, i así hasta hace 10 días, imposible estar en los viñedos a las seis de la tarde. Pero bueno ,  ya casi paso esa dureza, unos  días atrás vino un buen día de lluvia, bajaron las temperaturas y subieron los ánimos, esperemos que el fin de campaña sea todo lo bueno que los viticultores necesitamos. La falta de comunicación con todos vosotros, fue fruto del cansancio, y algunas veces agotamiento, pero no por falta de cosas que mostrar. Desde la última entrada, tuve una buena granizada en Campo Redondo, un buen ataque de Black Rot que finalmente pude controlar con la ayuda de Mauro , viticultor también de Coia, que gasta sus fuerzas en una gran Quinta de Francia, gracias Mauro, sequia, mucha sequia, gran resultado de las reinjertas en Los Vidueiros y Fexaco, y a día de hoy buena cosecha, sin más, seguramente mucho mas , pero la prudencia y el miedo a volver a tener un año de cosecha muy pequeña me vuelven cobarde, después de la vendimia hablamos, si más o menos. Y las uvas, tema primordial, siguen su camino, con diferencias grandes, dependiendo del Valle, de las variedades, de las orientaciones, y de lo vieja que sea la cepa, si el clima lo permite, va a ser una vendimia larga y bonita.

Caiño da Terra na Canda,Val de San Vicente

Brancellao, Carabuñeira nestes dous socalcos da Canda

Carabuñeira na Canda, Val de San Vicente

Os Casás, cepas moi vellas de castes brancas que este ano estan preciosas. Val de San Vicente

Albillo nos Casas

Cepas vellas de castes tintas no Curro Val de San Vicente

Lado no Curro

Campo Redondo, Val de San Amaro. Sen dúbida a viña que maís sufriu este ano.

Campo Redondo

Treixadura cepas vellas no Fexaco Val de San Vicente

Socalco de Lado no Fexaco
Cepas moi vellas de Treixadura no Fexaco

Castes tintas no Fexaco, Tinta Amarela
Caiño Bravo, Fexaco 
                                                  Reenxertas

 A verdade e que estou moi contento cos resultados das reenxertas en cepa vella de este ano nos Vidueiros e Fexaco, Paco o enxertador,  e un fenómeno.

Tinto Serodio e Corbillón. Fexaco
Socalco de Espadeiro no Fexaco 
Espadeiro Fexaco
Os Vidueiros Caiño Redondo e Caiño Longo.Val de San Amaro
 
Os Vidueiros, Caiños.
Enxerto nos Vidueiros con colleita de Caiño Longo
Espadeiro nun socalco dos Vidueiros de Abaixo
Enxerto de Espadeiro nos Vidueiros, tremendo



domingo, 31 de mayo de 2015

Reostia




Reostia, vou toupar. Repartín o toxo, replantei,  a poda durou até case finais de Marzo , en tan so  20 días comezaron a  brotar as primeiras cepas e sen tan xiquera unha semana  para repousar algo e facer valoración do feito, reinxertamos  nos Viduerios e Fexaco, primeiro corte de herba , facer pes  , mobilizar o chan en algunhas das viñas , e…. primeiros tratamentos na viña,  enramar , nestes días segundo corte de herba entre as cepas, Black Rot tocando o carallo,facer os extractos de plantas, e as viñas a día de hoxe están….. bonitas. Sinto non poder estenderme maís, e maís  frecuentemente, pero  a verdade e que as noites o chegar da viña estou  po arrastre.

 Reostia, voy a explotar. Repartí el tojo , replante, la poda duro casi hasta finales de Marzo, en tan solo 20 días brotan las primeras cepas, y sin tan siquiera una semana  para descansar algo y hacer valoración de lo hecho , re injertamos  en los Vidueiros y Fexaco, primer corte de hierba, hacer los pies de las cepas, movilizar el suelo en algunas viñas, y….. primeros tratamientos en la viña, enramar, en estos días segundo corte de hierba entre las cepas, Black Rot tocando o Carallo,elaborar los extractos de plantas y las viñas a día de hoy… bonitas. Siento no poder extenderme más, y más a menudo , pero la verdad es que por las noches al llegar de la viña estoy pal arrastre.

FIRVIDELAS.VAL DE SAN VICENTE
A COSTIÑA, LADO E SILVEIRIÑA (Firvidelas)

 
CAIÑO DA TERRA, CAMPO REDONDO. VAL DE SAN AMARO

TINTA AMARELA CAMPO REDONDO. VAL DE SAN AMARO
A CANDA,Val de San Vicente , abaixo Brancellao e Carabuñeira, no medio Sousón, arriba maís Brancellao,  eo fondo da foto a dereita, socalcos de Caiño da Terra e Brancellao.  


A CANDA

FEXACO , Val de San Amaro, Castes Tintas, Ferrol, Caiño Bravo, Carabuñeira, Caiño da Terra, Tinta Amarela
O CURRO, Val de San Vicente

Estamos en plena floración, tan só uns días maís de calor e lista.

Extractos hidroalcohólicos, elaboración


domingo, 19 de abril de 2015

A culpa



Non puido ser, o programa de traballos que tiña preparado ate a chegada da Primavera non fun capaz de rematalo, os socalcos que tiña previsto plantar no Curro e no Fexaco, quedaron a espera do próximo ano. E a culpa  a ten unha nova viña que acaba de pasar a formar parte do meu pequeno proxecto, tres preciosos socalcos  de viña vella no Fexaco, xusto a carón das miñas. Non foi fácil o dar o paso cara adquirilas aínda que o interese pola miña parte era moito, pero o excelente estado dos pes destas vellas cepas , acabaron por dar o empurrón definitivo. Viña plantada no ano 1938, en portaenxertos  como o Jaque e Aramón, ca variedade , como non, Palomino e algunha Treixadura. No mesmo día que a comprei, xa estaba vendo nela, vellas cepas de Castes Tintas esquecidas, i esí a de ser. En tempo case record podei, mobilicei o chan , aporteille toxo compostado e preparado 500 como arrinque cara a recuperación da vida do solo, e reenxertamos. Forón 3 días de reenxerta con bastante bo tempo acompañando a Paco ,empezamos polas viñas dos Vidueiros e rematamos no Fexaco. Estou cansado, pero moi ledo.




No pudo ser, el programa de trabajos que tenía preparado hasta la llegada de la Primavera no pudo llegar a completarse, los bancales que tenía previsto plantar en O Curro  y Fexaco quedaron a la espera del próximo año. La culpa, una nueva viña que acaba de pasar a formar parte de mi pequeño proyecto, tres preciosos  bancales de viña vieja en el Fexaco, justo al lado de las mías. No fue fácil dar el paso para adquirirlas aunque el interés por mi parte era mucho, pero el excelente estado de los porta injertos de sus viejas cepas acabaron por dar le empujón definitivo. Viña plantada en el año 1938, en porta injertos  Jaque y Aramón, con las variedades  Palomino y alguna Treixadura. El mismo día que la compre ya estaba viendo en ella viejas cepas de variedades tintas  olvidadas, y así será. En tiempo record las pode, movilice el suelo , le aporte tojo compostado y preparado 500 en la búsqueda de una buena recuperación de la vida del suelo, y reinjertamos. Fueron 3 días de reinjerta con bastante buen tiempo acompañando a Paco, empezamos por las viñas de los Vidueiros y finalizamos en el Fexaco. Estoy cansado, pero contento.






Este socalco, o da cima, quedou para o ano que ven, e para non perder o costume da reenxerta.


Iste foi un dos motivos polos que decidín mercar a viña, pese a ter mais de 76 anos a grande maioria dos pes están perfectos.

Este fué uno de los motivos por los que decidí adquirir esta viña, pese a tener mas de 76 años la gran maioria de los portainjertos estaban perfectos.



                       Primeiro dos socalcos, eiqui enxertamos Espadeiro


Segundo dos socalcos que se compón de dúas alturas, nestas 4 filas, Tinto Serodio, o fondo agochado detras dos postes de pedra, pequeno bancal de Corbillón ( Cascón)

Paco, en plena intervención, sinceiramente, e un maestro.

 Deume pena non inxertar o último dos socalcos, pero ia ser demasiado atender tantos enxertos de unha vez durante o ano.

Me dio pena no injertar el último de los bancales, pero sería demasiado trabajo atender tanto injerto de una vez durante el año. 



 Agora estamos nos Vidueiros, mirando cara o Sur, neste primeiro bancal, o maís alto, Caiño Longo, no de abaixo, Caiño Redondo.

 Os Vidueiros de abaixo, eiqui novamente Espadeiro.