domingo, 30 de diciembre de 2012

FELIZ 2013


                                                 
                                      Que o 2013 sexa un ano cheo de saúde, forza e terra.

                                      Que el 2013 sea un año lleno de salud, fuerza y tierra.
                        
                                            Happy new year full of health, strong and earth

domingo, 23 de diciembre de 2012

Ribeiro



Ano 1016, Foro de concesión vitícola do Mosteiro de Arnoia, un dos máis antergos de Galiza. Ano  1204 Foro das Viñas de Ribadavia do Monarca Afonso  IX , un dos documentos medievais máis antigos e completos sobre os viñedos que o rei tiña en Ribadavia, mais a presenza da vid no noso pais data xa de épocas anteriores.O impulso e desenrolo da vitivinicultura galega ben da man das ordes monásticas, tomando dimensións certamente grandiosas ca chegada as nosas terras da Orden Francesa do Cister, a fundación de mosteiros e granxas vitícolas por todo o Ribeiro e neste período e imparable.


Remuiño, resistencia o paso do tempo, pequena mostra do que foi o Ribeiro, na parte máis alta desta ladeira estan Os Casás a nosa viña máis afastada(lejana).

Durante o século XIV iniciase o exportación do viño do Ribeiro por vía marítima a Inglaterra, Holanda, Escocia, Irlanda, Alemaña e a Bretaña Francesa, este comercio será prospero e continuo ata o século XVIII, os ingleses son os donos do comercio vinícola do Ribeiro en Europa.En Asturias , Cantabria, Pais  Vasco bébense os viños do Ribeiro.Estas son pequenas pinceladas do que algún dia foi o Ribeiro, o grande viñedo de Europa, xunto co resto de zoas vitícolas de Galiza, máis de 10.000 hectáreas na nosa comarca na que tan so unha pequena parte esta cuberta aínda de cepas, mais aínda quedan as ladeiras do Vales, os Socalcos, os Muros ,as castes, os pequenos carreiros polos cales os viticultores exercían unha viticultura heroica,única, natural, todo isto agochado debaixo dos carballos, sobreiras …. esperando que alguén os descubra e, imaxine.

Micheiro, no Val de San Vicente esta zoa e a prolongacion de Firvidelas cara o Cañon do rio Arnoia na ladeira orientada o Este, foi abandonada cara o ano 1940.

O Rial, Carnóns, San Roque ladeira do Val de San Vicente orientada o sur, debaixo dos montes que vedes, viñas, viñas e máis viñas.

Año 1016, Foro de concesión vitícola del Monasterio de Arnoia, uno de los mas antiguos de Galiza.Año 1204 Foro de las Viñas de Ribadavia del Monarca Alfonso IX, uno de los documentos medievales mas antiguos y completos sobre los viñedos que el rei tenia en Ribadavia, mas la presencia de la vid en nuestro país data ya de épocas anteriores. El impulso y desarrollo de la vitivinicultura gallega viene de las manos de las ordenes monásticas, tomando dimensiones ciertamente grandiosas con la llegada a nuestras tierras de la Orden Francesa del Cister, la fundación de monasterios y granjas vitícolas por todo el Ribeiro en este periodo es imparable.


 Nas viñas construianse pequenas casas para protexerse do mal tempo, comer e incluso dormir.As distancias dos pobos a moitas viñas eran longas e percorrianse a pé.O Rial Val de San Vicente, ladeira orientada o sur-oeste.

Durante el siglo XIV se inicia la exportación del vino del  Ribeiro por vía marítima a Inglaterra, Holanda, Escocia, Irlanda, Alemania y la Bretaña Francesa, este comercio sera prospero y continuo asta el siglo XVIII, los ingleses son los dueños del comercio vinícola del Ribeiro en Europa.En Asturias, Cantabria, País Vasco se beben los vinos del Ribeiro. Estas son pequeñas pinceladas de lo que algún día fue el Ribeiro, el gran viñedo de Europa, junto  con el resto de zonas vitícolas de Galiza, mas de 10.000 hectáreas en nuestra comarca en la que tan solo una pequeña parte sigue cubierta de cepas.Pero  aun están nuestras laderas de los Valles, Bancales, Muros, Variedades, los pequeños caminos por los cuales los viticultores ejercían una viticultura heroica, única, natural, todo esto debajo de los  robles, sobreiras, herbedos.. que ahora pueblan esas laderas, esperando que alguien las descubra e, imagine.

Socalco  no Rial, esta zoa foi abandonada preto dos anos 1960, unha pequena parte sigue en producción.

 A Fontiña de Ouro ladeira orientada o sur no Val de San Vicente, esta zoa e impresionante, son centos e centos de socalcos(bancales)  dende o Rial ate a parte superior do monte, miña avoa (abuela)recordaba que nos anos 1930 ainda se traballaba algunha de estas viñas.Mais de 120 hectareas das que apenas quedan 5.

Socalcos na Fontiña de Ouro,  imaxinar o que tiña que ser todas estas ladeiras poboadas de cepas danos idea do tremendo traballo y explendor de eses anos de" Ouro "no Ribeiro

M
Muros de maís de tres metros de alto e longuísimos, verdadeiras obras de enxeneria feitas por mans de homes e mulleres que vivian en comunión co seu entorno.

Seguimos na Fontiña de Ouro, a casa maís preta nos anos 1930 estaba a máis de 1 hora e media  andando.

Val de San Amaro ladeira orientada o Sur- Oeste, estamos na Lomba, este estreito camiño vai cara os montes onde estiven traballando o mes pasado recollendo o estrume .Maís de 60 hectáreas exactamente como as da foto.

Val de San Amaro ladeira orientada o Sur, estamos en Campo Redondo, encima da miña viña, nesta zoa que ten unha grande pendiente podemos encontrar socalcos de máis de 1500m de superficie.

Tan so me detiven nunha pequena parte do Ribeiro, nos Vales do rio Arnoia que e onde eu traballo, pero quedan os Vales do Avia, do Miño.......imaxinade


domingo, 9 de diciembre de 2012

LUME



Lume, e o que necesitamos para que o bagazo libere o alcohol que conten e asi obter o ansiado augardente.Para nos e fundamental  destilar unha boa cantidade de bagazo cada ano, de esto, de ter suficiente augardente,depende todo o noso sistema de protección y micronutrición nas videiras.Con todo o augardente obtido elaboraremos as nosas extraccións hidroalcohólicas , de novo intentamos ser o maís autosuficientes posible  aproveitando os recursos que nos brinda a Natureza( ca axuda do pote).




Fuego, es lo que necesitamos para que el bagazo libere el alcohol que contiene y así obtener el ansiado  aguardiente.Para nosotros es fundamental destilar una buena cantidad de bagazo cada año,  de esto , de tener suficiente aguardiente, depende todo nuestro trabajo de protección y micronutricción en las cepas.Con todo el aguardiente obtenido elaboraremos nuestras extracciones hidroalcohólicas , de nuevo intentamos ser lo mas autosuficientes posible aprovechando los recursos que nos brinda la Naturaleza(con la ayuda del alambique)

Despois de dúas horas escomenzan a sair os vapores "medicinais", momento de colocar a capacete e baixar a intesidade do lume, a comenzar a destilación.

Después de dos horas empiezan a salir los vapores "medicinales", momento de colocar el capacete y bajar la intesidad del fuego, va a comenzar la destilación.

O Fentos (meu pai) exercendo de maestro poteiro, todo ten o seu ritmo propio, tamén unha boa destilación.
O Fentos(mi padre)ejerciendo de maestro poteiro, todo tiene su ritmo propio, también una buena destilación

O ansiado líquido, os vapores xa tornaron a augardente, unhas 2 ou 3 horas e rematara a destilación.

Traballar as viñas e duro pero divertido e enriquecedor, destilar con leña e de noite e máxico, hipnótico.
Trabajar las viñas es duro pero divertido y enriquecedor, destilar con leña y de noche es mágico, hipnótico.

Rematou a destilación, as nosas viñas ofrecéronnos un novo regalo, o bagazo a voltar a elas, o augardente tamén, todo menos unha ola, elaboraremos licores varios, para facer algun detalle.

Finalizó la destilación, nuestras viñas nos ofrecieron un nuevo regalo, el bagazo volverá a ellas, el aguardiente también, todo menos una ola(medida do Ribeiro), elaboraremos licores varios, para hacer algún detalle.


Eiquí comenza todo, a conservación do bagazo e fundamental pra obter un bo augardente.




 

O próximo Sábado 15 de Decembro estaremos no Mercado do Viño na Coruña, elí estaremos para que poidades degustar os nosos viños e si queredes mercalos, si vos apetece esta boa idea, vémonos eli.




Decembro e un mes de transición nas viñas e na adega, a lo menos para min, a poda ten ainda que esperar, e os traballos no chan xa están todos feitos.E unha boa época para, analizar a campaña xa rematada, coller novos folgos, e continuar a nosa profundización na Viticultura Natural, e na Biodinámica.Este mes de Decembro en primeira instancia, para logo seguir en Xaneiro e Febreiro, imos organizar no Sindicato Labrego Galego as 5ª Xornadas de Viticultura Ecolóxica e Biodinámica.Neste ano 2012 tócame a min ser o ponente nestas dúas xornadas, onde espero poder amosar o meu traballo e o de André na Viticultura Natural o longo destes últimos 5 anos.

Programa:

Dia 20    Chans (suelos)
                AutofertilizacIón e cubertas vexetais
                Aboado(abonados)

Dia 21   Extractos Hidroalcohólicos 
               Cobres 
              Tratamentos, Micronutrición
               
Temos 20 prazas limitadas o orde de inscripción, para apuntarse mandar un correo cos datos e contacto a bernardoestevezvillar@yahoo.es.

domingo, 2 de diciembre de 2012

VIÑOS



Seguimos nos montes recollendo estrumes e levando as viñas, pero non descoidamos o traballo na adega.Xa temos todas as fermentacións  finalizadas, o Issué fermentou durante 45 días o tinto estivo 20 días ca fermentación  alcohólica, agora esperaremos a que inicie a fermentación maloláctica.O Issué quédalle un largo camiño de estadía nas pipotas uns dez meses  onde  se fará un pequeno traballo cas borras.O tinto unha vez finalizada a fermentación maloláctica pasara xunto cas súas borras a unha pipota onde a evolución marcara o seu tempo de  permanencia.

Seguimos en los montes recogiendo material vegetal y llevándolo a las viñas, pero no descuidamos el trabajo en la bodega.Ya tenemos todas las fermentaciones finalizadas, el Issué fermento durante 45 días el tinto estuvo 20 días en fermentación alcohólica y ahora estamos a la espera de que inicie la fermentación maloláctica.Al Issué le queda un largo camino de permanencia en las barricas, unos 10 meses donde se hará un pequeño trabajo con las lías.El tinto una vez finalizada la fermentación pasara junto con sus lías a una barrica donde la evolución marcara su tiempo de permanencia.


Canto maís se alonxa o home da Natureza maís preto esta da dependencia do home capital que, segundo a segundo, latexo tras latexo axusta o xugo o noso sorriso.

Cuanto mas se aleja el hombre de la Naturaleza mas cerca esta de la dependencia del hombre capital que, segundo a segundo, latido tras latido ajusta el yugo de nuestra sonrisa.


A fermentación sin cangallo fai que a estas alturas o viño estea xa moito maís redondo, non aparecen as durezas, e asperezas do 2011 e sigue tendo un perfil longo e groso, pero sera o paso do tempo o que determine que elaboración nos enche e transmite maís.
 
La fermentación sin raspón provocó que a estas alturas el vino esté ya mucho mas redondo, no aparecen las durezas, y asperezas del 2011 y sigue teniendo un perfil largo y grueso, pero sera el paso del tiempo el que determine que elaboración nos satisface y transmite mas.
 
 Issué 2012, moi recoñecible polo momento, lonxitude, persistencia, un chisquiño maís de frescor, pero maís amplitude de matices, o cada dia maís respeto polos ritmos naturais na viña(chan, chan e maís chan) ano ano  maís presenza de Lado, Silveiriña e Verdello Antiguo de Cepas Vellas, fan, que co paso das colleitas tanto Sevio coma eu a pesar das dificultades creamos en nos mesmos e na Natureza.


 Issué 2012, muy reconocible por el momento, longitud, persistencia, un poquito mas de frescor, pero mas amplitud de matices, el cada día mas respeto por los ritmos naturales de la viña(suelo, suelo, y mas suelo) año a año mas presencia de Lado, Silveiriña y Verdello Antiguo de Cepas Viejas, hacen que con el paso de las añadas tanto Sevio como yo y a pesar de las dificultades creamos en nosotros mismos y en la Naturaleza.

Remexendo as borras nas pipotas cada catro ou cinco días,  ate que os viños nos digan que xa e de abondo.
Removiendo las lías en las barricas cada cuatro o cinco días, hasta que los vinos nos digan que ya es tiempo.
Finalizamos o traballo de esparexer o mundallo do monte en Campo Redondo, tan so queda que esta semana fagamos unha nova aplicación do Maria Thun e, ate a poda.
 
Finalizamos el trabajo de esparcir el material vegetal del monte en Campo Redondo, tan solo nos queda hacer esta semana una nueva aplicación del Maria Thun y hasta la poda
 
 Puiden  tamén botarlle unha man o chan dos dous novos socalcos de tinto que prantamos na Canda no 2010, pero por este ano o monte xa colaborou o suficiente esta semana imos cambiar de laboura.
 
Pude  también echarle una mano al suelo de los dos nuevos bancales de tinto que plantamos en la Canda en el año 2010, pero por este año el monte ya colaboro lo suficiente esta semana vamos a cambiar de labor.



martes, 20 de noviembre de 2012

MONTE



Nos vales a arquitectura natural determina  as diferentes franxas de cultivo nas súas ladeiras.Historicamente no Ribeiro esta circunstancia era evidente a simple vista.Nas partes mais baixas horta , millo, patacas… nas franxas centrais das ladeiras, viñedo, e nas zoas mais altas dos vales , cereal algún viñedo e monte.Todo extructurado de forma lóxica e intelixente , utilizando como guía a sabiduría e experiencia  da Natureza.Os montes  hoxe desprezados sempre foron en Galiza fonte de riqueza: leña para quentar as casas e lareiras, madeira para construción, estrumes para o aboado das viñas e encamado do gando (estercos para as hortas)e unha grande fonte de alimentos, caza ,castañas, cogumelos….Os nosos esforzos e a nosa paixón non se contentan con elaborar viños , a nosa paixón e todos os nosos esforzos  e  chegar elaborar viños que axuden a que a estructura dos Vales nos que traballamos volte a ser lóxica e intelixente.


                    Non pasou nada, pero" coidadiño" cos tractores todas as precaucións son poucas.

En los valles la arquitectura natural determina las diferentes franjas de cultivo en sus laderas.Históricamente en el Ribeiro esta circunstancia era evidente a simple vista.En las partes mas bajas  huerta, maíz, patatas… en las franjas centrales de las laderas, viñedo, y en las zonas mas altas de los valles,cereal, algún viñedo y monte. Todo estructurado de forma lógica e inteligente, utilizando como guia la sabiduría y experiencia de la Naturaleza.Los montes  hoy despreciados siempre fueron en Galiza fuente de riqueza: leña para calentar las casas y cocinas, madera para construcción, material vegetal para el abonado de viñas y encamado de el ganado(estiércol para las huertas)y una gran fuente de alimentos, caza, castañas, setas…Nuestros esfuerzos y pasión no se contentan con elaborar vinos,nuestra pasión y todos nuestros esfuerzos es llegar a elaborar vinos que ayuden a que la estructura de los valles en los que trabajamos vuelva a ser lógica e inteligente.



Campo Redondo sique tendo unha evolución moi lenta, estes dous anos de terrible sequía probocaron que o crecemento evolutivo da viña fose moi pequeno.O toxo que aportamos o pasado ano na sua maior parte non se descompuxo, o chan, o seu primeiro perfil ainda non esta suficientemente extructurado, falta vida (e auga).Durante estas ultimas 2 semanas estivemos nos montes apañando mundallo, raspadallo(material vexetal moi descomposto )que esta  semana repartiremos pola viña en superficie.


Campo Redondo sique teniendo una evolución muy lenta, estes dous anos de terrible sequía provocaron que el crecimiento evolutivo de la viña fuese muy pequeño.El tojo que aportamos el año pasado en su mayor parte no se descompuso, el suelo, su primer perfil aun no esta estructurado, falta vida(y agua).Durante estas 2 ultimas semanas estuvimos en los montes recogiendo material vegetal muy descompuesto, que esta  semana repartiremos por la viña en superficie


 Follas de Carballo, Sobreiro, Piñeiro, Mimosa, Érbedo, anacos de polas xa nun proceso de descomposición moi adecuado.Materia orgánica, fungos, bacterias, oligoelementos, minerais, pequenos invertebrados, directamente da Natureza sen ningun tipo modificación nin contaminación, e por si isto e pouco GRATIS.

Hojas de Carballo(roble),Sobreiro(roble),Piñeiro, Mimosa(Acacia),Érbedo, trozos de ramas en un proceso de descomposición muy adecuado.Materia orgánica, hongos, bacterias, oligoelementos, minerales, pequeños invertebrados, directamente de la Naturaleza sin ningún tipo de modificación ni contaminación, y por si esto fuera poco GRATIS.

Un angazo e paciencia, nos 7 días que estiven no monte logrei xuntar máis de 8 remolques de mundallo.A capa de material vexetal neste solo ten máis de 12 cm de espesor da para as viñas e para o monte.
Un rastrillo y paciencia, en los 7 días que estuve en el monte logre juntar mas de 8 remolques de material vegetal.La capa acumulada en este suelo tiene mas de 12cm de espesor da para las viñas y el monte.

Cambio de montura

 
Estes montes situados no Bacelo, en realidade non son montes, son viñas abandonadas nos anos 50 e que agora traballan para que eu aproveite a súa labor.                           




Durante estas últimas semanas tamén estivemos traballando nas viñas.Fumos o Fexaco a destapar as reenxertas que fixemos na Primaveira nas cepas vellas.Agora e bo tempo para deixar o ar as raíces que sairon no manso , na poda xa con estas raices secas procederemos a cortalas.

Durante estas ultimas semanas tambien estuvimos trabajando en las viñas.En el Fexaco destapamos la reinjertas en cepas viejas que hicimos en la Primavera.Ahora es buena epoca para dejar al aire las raices que salieron en el punto de injerta, en la epoca de poda con estas raíces secas procederemos a cortarlas.







SILVEIRIÑA

CAIÑO BRAVO


Cada vez que miro para estas reenxertas maís me marabillo cas cepas vellas.Na vindeira vendima si todo vai ben ei ter uvas de cepas de maís de 60 anos de Silveiriña, Ferrol, Carabuñeira, Caiño Bravo...

Cada vez que miro para estas reinjertas mas me maravillo con las cepas viejas. En la próxima vendimia si todo va bien cosecharemos uvas de cepas de mas de 60 años de Silveiriña, Ferrol, Carabuñeira, Caiño Bravo....