domingo, 15 de febrero de 2015

Cara atras



Mirar cara adiante, tentar cada ano, cada día, facer mellor as cousas, cada nova colleita mellor ca anterior, cada novo viño, novos  descubrimentos, pero todo iso non e posible se de cando en vez no volto a vista atrás. Mais ou menos sei cara onde vou, ou polo menos cara onde quero ir. Un domingo calquera coma hoxe, paro, fago reconto de cómo van os traballos ,  cómo se presentan as vindeiras semanas nas viñas, cal e punto do camiño no que me atopo despois de levar  maís de 14 anos traballando cas videiras, pois a cousa vai lenta, pero vai. No aprendizaxe esta a ilusión, i eu necesito moita ilusión, aprendo moitísimo das persoas, dos seus coñecementos , das súas experiencias, pero aprendo tamén, mirando cara os tempos pasados, o tempo e un saco sen fondo de sabidurias. Desta volta mergulleime nunha das maís fermosas ladeiras do Val de San Vicente a procura de ilusión, e viñen ven cargado dela. Xa tiña pisado polos seus camiños, pero este  domingo adentreime  nas súas entrañas, ate vin labregos e carreteiros cos seus xugos de bois carrexando pipas de viño pola verea cara A Ponte, mais penso que esto último foi unha ilusión óptica debido a botella de Issué 2012 que me zanpei na comida para ir vendo a súa evolución, por certo xa vai collendo forma. Nesta ladeira podemos ver o esquema físico (paisaxe ,construcións)e de concepción e posta en funcionamento dunha adega antes dos anos 50. Na parte superior da ladeira, monte baixo, toxo , xestas, carrascas ,sobreiros… fonte de nutrición para os chans das viñas, na parte media da ladeira, entre os 100 e 170 metros de altitude ,socalcos e maís socalcos de viñas, na parte baixa, xa mais protexida do sol, adegas, moitas adegas, neste caso  un grupo dunhas 23 adegas unidas por unha verea empedrada para permitir o paso dun carro.



Mais nesta pequena incursión tiven unha grande sorpresa, atopei nunha destas adegas, algo do que xa alguén que xa non está entre nos  me falara; un dos poucos lagares de pedra que quedaban sen desfacer,  e ademais ca prensa  formando todo un conxunto . A luz e moi escasa, xa que a adega esta semi enterrada, faltan as cubas , a lagareta e canastos da prensa, pero o demais está en perfecto estado, non costa imaxinar o duro e longo traballo nas adegas, non custa imaxinar o que para estes Vales da Arnoia significaban as palabras, viñas, videiras, uvas, Viño.

VEREA CHEGANDO O FONDO LA LADEIRA


Mirar cara adelante, intentar cada año, cada día, hacer mejor las cosas, cada nueva cosecha mejor que la anterior, cada nuevo vino, nuevos descubrimientos, pero todo eso no es posible si de vez en cuando  no echo la vista atrás. Mas o menos se cara a donde voy, o por lo menos cara a donde quiero ir . Un domingo cualquiera como el de hoy, paro, hago recuento de cómo van los trabajos, como se presentan las próximas semanas en las viñas, cual es el punto del camino en el que me encuentro después de llevar más de 14 años trabajando con las vides, pues la cosa va lenta, pero va. En el aprendizaje está la ilusión , y yo necesito mucha ilusión, aprendo muchísimo de las personas, de sus conocimientos, de sus experiencias, pero aprendo también, mirando cara a los tiempos pasados,  el tiempo es un saco sin fondo de sabiduría. Esta vez me buceé en una de las más hermosas laderas de Valle de San Vicente a la procura de ilusión , y vine cargado de ella. Ya tenía pisado por sus caminos, pero este domingo me  adentre en sus entrañas, hasta vi labregos e carreteiros cos seus xugos de bois, carreteando  toneles de vino por el camino cara A Ponte , pero pienso que esto último fue una ilusión óptica debido a la botella de Issué 2012 que zanpe en la comida para ir viendo su evolución, por cierto va cogiendo forma. En esta ladera podemos ver el esquema físico(paisaje, construcciones) y de concepción y puesta en funcionamiento de una bodega  antes de los años 50. En la parte superior de la ladera, monte bajo , tojo, xesta, carrascas, alcornoques … fuente de nutrición para los suelos de las viñas, en la parte central de la ladera, entre los 100 y 170 metros de altitud, bancales y mas bancales de viñas, en la parte inferior y mas protegida del sol, bodegas,  muchas bodegas aquí tenemos un grupo de unas 23 unidas por un camino empedrado para permitir el paso de los carros.
 
IMOS CARA AS ÚLTIMAS ADEGAS PRETO DAS VIÑAS

Mas en esta pequeña incursión tuve una agradable sorpresa, encontré en una de esas bodegas algo que una vez me comento una persona que ya no está entre nosotros ; uno de los pocos lagares de piedra que quedan en la zona sin deshacer, y además con la prensa formando un único conjunto. La luz es muy escasa, ya quela bodega está semienterrada, faltan las cubas, la lagareta y canastos de la prensa, el resto está en buen estado. No cuesta imaginar el largo y duro trabajo en las bodegas, no cuesta imaginar lo que para estos Valles de Arnoia significaban las palabras, viñas, cepas, uvas, Viño.

ÚLTIMAS ADEGAS
O MONTE QUERE ESCONDER O EXPLENDOR DESTAS TERRAS, DENTRO O LAGAR
LAGAR E PRENSA
PISÓN DE PEDRA
LAGAR E TRABE
MUROS E MAÍS MUROS
O SOL ENTRA CON FORZAENTRE AS ÁRBORES NESTA LADEIRA QUE MIRA CARA O SUR-OESTE
OS CARBALLOS HAN COIDAR DOS MUROS


1 comentario:

  1. Noraboa polo teu proxecto e pola xenerosidade de compartir as túas vivencias persoais a través del!
    Acabo de enterarme do Curso sobre Alternativas Rurais e Reais que organiza a Universidade de Vigo en Ribadavia a semana que vén e no que, con gran pesar para min, non vou poder estar. Con sorte espero chegar para a tarde do venres...
    O caso é que buscando información sobre as experiencias que se van presentar no Curso atopei o teu traballo e os seus froitos, como este blog, e estou completamente alucinada. Para ler con calma...
    Agradecementos de novo e saúdos desde a parte norte do Ribeiro!

    ResponderEliminar