lunes, 18 de junio de 2012





Xuño, para os viticultores do Ribeiro un dos meses do ano con mais carga de traballo nas viñas e tamén con mas riscos de sufrir perdidas nas colleitas.Durante este mes encontrase moitas variables que facendo combinacións entre si poden traernos de cabeza ,de pes e de mans.Por un lado temos a esfarna (floración ) pero claro cada caste escomenza a esfarna cando e o seu momento e vaina finalizar cando outra suma de variables o considere oportuno.Por outra banda a rama esta no momento de máximo desenrolo e ca sorte que temos cas castes como a Treixadura, Lado ,Brancellao..... que por si mesmas non se tutoran e agarran os arames ou estacas, pois a subir e atar rama sen parar todo o mes.Pero claro igual que crece a rama tamén crece a herba do solo, pois a coller de novo a desbrozadora e segundo corte de herba debaixo das cepas.E ademais estamos tendo un final de Primavera con tempo moi inestable ,choivas, dias fríos ,orballos na maña moi persistentes ...suma igual a, risco de mildeu ,máxima tensión ,o Xan Xoán esta a volta da esquina seria raro non ter un ataque do fungo nesas datas, os extractos e o cobre teñen que estar listos para saír a escena .Nas imaxes imos ir vendo como vai o desenrolo das distintas viñas.

Buscando o calor do sol.Cada dia gostame mais o meu traballo.


Junio, para los viticultores del Ribeiro uno de los meses del año con mas carga de trabajo en las viñas,y también con mas riesgos de sufrir perdidas en las cosechas.Durante este mes se encuentran muchas variables que haciendo combinaciones entre si pueden traernos de cabeza,de pies y de manos.Por un lado tenemos la floración,pero cada variedad de uva la comienza en su momento particular, y la va a finalizar cuando otra suma de variables lo considere oportuno.Por otra banda las varas de la vid están en el momento de máximo desarrollo y con la suerte que tenemos con variedades como la Treixadura,Lado,Brancellao ….. que por si mismas no se tutoran o agarran a los alambres o estacas, pues nada a subir rama sin parar todo el mes.Pero claro igual que crece la rama de las vides también crece la hierba del suelo, pues nada a coger de nuevo la desbrozadora y segundo corte de hierba debajo de las cepas .Y por si fuera poco estamos teniendo un final de Primavera con tiempo muy inestable,lluvias,días y noches frías,orballos en las mañanas muy persistentes todo este sumatorio igual a mildiu ,máxima tensión, el San Juan esta a la vuelta de la esquina,seria raro no tener un ataque del hongo en estas fechas, los extractos y el cobre tienen que estar listos para salir a escena.En las imágenes iremos viendo como va el desarrollo vegetativo de las distintas viñas.


Sousón A Canda

A Canda .Val de San Vicente .Brancellao


Treixadura Firvidelas.
 Nesta altura xa fixemos o segundo corte de herba debaixo das cepas o centro a esperar a ter flores e sementes que nos garantizen especies autóctonas cara a próxima Primavera.
 
 Lado .A Costiña Firvidelas.Val de San Vicente
   Lado, Silveiriña, Verdello e Albilla A Costiña e o seu lugar en Firvidelas ,xuntas pero non revoltas.


O relevo esta asegurado

Estamos en plena esfarna  (floración) e un dos momentos mais criticos na viña, as condiccións meteorolóxicas xogan un papel fundamental .
Tinta Amarela.Campo Redondo .Val de San Amaro
Caiño da Terra .Campo Redondo
Carabuñeira . Campo Redondo  

sábado, 2 de junio de 2012


Este e o culpábel da tardanza en mostrarvos os traballos de estes últimos 10 días.BLACK ROT
O Black Rot e un fungo que procede de Estados Unidos que foi introducido en Europa a través de patróns resistentes a filoxera que estaban contaminados.Ate fai 8 anos no se tiña coñecemento da súa presenza no Ribeiro pero dende entón, e contando con condicións propicias para a súa propagación manifestase con mais ou menos virulencia.Este ano tocoulle ser bastante virulento .De non ser quen de controlar as primeiras infeccións pódese perder ate o 80% da colleita.A aparición do fungo obrigounos a facer o noso primeiro tratamento con cobre xa que o anterior foi unha aplicación de micronutrición con extractos vexetais.A importancia da infección levounos a ser moi coidadosos a hora de facer a aplicación dos 220g de cobre-metal –hectárea complementado con 4 extraccións hidroalcohólicas que puxemos nas viñas, era fundamental deixar ben cuberto todas as superficies da cepa, follas,varas,acios e tardamos se cadra mais do debido.Pero parece que a infección esta controlada.



Este es el culpable de la tardanza en mostraros los trabajos de estes últimos 10 días.BLACK ROT
El Black Rot es un hongo que procede de Estados Unidos y que fue introducido en Europa a través de patrones resistentes a la filoxera que estaban contaminados.Asta hace 8 años no se tenia conocimiento de su presencia en el Ribeiro pero desde entonces,y contando con condiciones propicias para su propagación se manifiesta con mas o menos virulencia.Este año le toco ser bastante virulento .De no ser capaces de controlar las primeras infecciones se puede llegar a perder un 80%de la cosecha.La aparición del hongo nos obligo a llevar a cabo nuestro primer tratamiento con cobre ya que el anterior fue una aplicación de micronutrición con extractos vegetales.La importancia de la infección nos llevo a ser muy cuidadosos a la hora de hacer la aplicación de los 220g de cobre-meta-hectárea complementados con 4 extracciones hidroalcoholicas que pusimos en las viñas,era fundamental dejar bien cubierto todas las superficies de las cepas, hojas,varas,racimos y a lo mejor tardamos mas de la cuenta.Pero parece que la infección esta controlada.

 As arañas son un bo sinal na viña.Cantas mais espécies mellor,sobor de todo si son arañas autóctonas, xa de estas terras. Son un excelente medio regulador para as pragas que aparecen nas viñas como o mosquito verde da familia dos cicadélidos.Eiquí esta a mama araña ca súa prole.

Las arañas son una buena señal en la viña.Cuantas mas especies mejor,sobre todo si son arañas autóctonas,de estas tierras.Son un excelente medio regulador para las plagas que aparece en las viñas como el mosquito verde de la familia de los cicadélidos.Aquí esta la mama araña con su prole.


ORTIGA DIOICA



Sequemos ca elaboración das nosas extraccións vexetais nesta semana temos en condicións idóneas a ortiga ,esta xusto na prefloración.A ortiga que collemos e a Ortiga Dioica(e a especie mais alta),apañámola en prefloración cedo na maña .A ortiga e moi rica en nitróxeno,ferro,en outros minerais en menor proporción,oligoelementos ..etc , e unha das plantas mais interesantes para a súa aplicación nos cultivos pola súa grande riqueza.Unha vez apañada nos facemos dúas elaboracións distintas con ela .Unha a extracción hidroalcohólica para aplicación por vía foliar na viña , e outra unha maceración  na cal tamén incluímos follas de consolda.A extracción hidroalcohólica e moi interesante a nivel de micronutriccion da planta e mixturada con outras extraccións ten un gran poder antifunxico fronte o mildeu.A maceración de ortiga e consolda nos utilizámola como fertilizante e estimulante do solo, e unha gran axuda para a formación de rhizobiums e microrrizas.

Verde,verde e mais verde.

Seguimos con la  elaboración de nuestras extracciones vegetales esta semana tenemos en codicciones idóneas la ortiga,esta justo en prefloración.La ortiga que utilizamos es la Ortiga Dioica(es la especie mas alta),la recolectamos en prefloración por la mañana temprano.La ortiga es rica en nitrógeno,hierro,también en otros minerales,oligolementos…etc,es una de las plantas mas interesantes para su aplicación en los cultivos por su gran riqueza.Una vez recolectada nosotros hacemos dos elaboraciones distintas con ella.Una la extracción hidroalcohólica para su aplicación por vía foliar en la viña, y otra una maceración en la cual también incluimos hojas de consuelda.La extracción hidroalcohólica es muy interesante a nivel de micronutriccion de la planta y mezclada con otras extracciones tiene un gran poder antifúngico  frente al mildiu.La maceración de ortiga y consuelda nosotros la utilizamos como fertilizante y estimulante del suelo,es una gran ayuda para la formulación de rhizobiums y microrrizas.

Ortiga en prefloración
Ortiga lista para facer preparados ,solo queda trozeala

Ortiga e augardente (extracción hidroalcoholica)
Ortiga e consolda en auga ,cada 1kg de vexetal 10 litros de auga.

Remexemos todos os dias duas ou tres veces, e iniciase a fermentación que durará uns 7 dias logo filtramos e gardamos en bidóns oscuros lonxe da luz e calor, e lista para utilizar .


domingo, 20 de mayo de 2012





Dende que comecei a traballar nas miñas viñas ala polo ano 2001, xa de aquela, funme dando conta  de  que o cultivo da vide, e canto mais afondaba  en ela mais se reafirmaba esa sospeita, afastabase mais do que para min era o traballo na terra e coa terra,e dende logo nada tiña ver ca idea orixinal da antiga agricultura onde o home era mais insignificante parte da Natureza e con esa insignificancia o equilibrio era suficiente  sustento para  todo ser vivo.A falla de Biodiversidade nas viñas e patente e manifesta ,os monocutivos coma  a vide son un claro exemplo desta perdida de especies  vexetais,animais , microorganismos , extructura ….vida.
Na Viticultura Natural buscamos que os espazos que ocupan as viñas no sexan lugares vetados para o resto de especies (plantas ,insectos..),a nosa misión  e dende logo ter vendimas que nos permitan vivir do noso traballo, pero non por iso temos dereito a afastar desas terras os insectos, plantas e animais que por dereito eli  están .Se nos queremos vinificar uvas que reflictan os lugares onde se criaron; o seu terroir, os cheiros do seu espazo o frescor das súas noites ,o calor das súas tardes no verán, debemos protexer e potenciar a interacción entre as videiras e resto de plantas autóctonas , debemos ter e potenciar a creación de redes microrrizicas, pero para iso, necesitamos Biodiversidade nas nosas viñas, para iso nos, os viticultores temos que ser unha insignificancia dentro da Natureza.



Bechiño nunha folla de Lado


Desde que comencé a trabajar en mis viñas allá por el año 2001, ya de aquella, me fui dando   cuenta  de que el cultivo de la vid, y cuanto mas profundizaba en ella mas se reafirmaba esa sospecha, se alejaba mas de lo que para mi era el trabajo en la tierra y con la tierra y desde luego nada tenia que ver con la idea original de la antigua agricultura donde el hombre era la mas insignificante parte de la Naturaleza, y con esa insignificancia, el equilibrio era suficiente sustento para todo ser vivo.La falta de Biodiverdidad en las viñas es patente y manifiesta ,los monocultivos como el de la vid son un claro ejemplo  de esta perdida de especies vegetales,animales ,microorganismos ,estructura..vida.
 En la Viticultura Natural  buscamos que los espacios que ocupan las viñas no sean lugares vetados para el resto de especies(plantas,insectos),nuestra misión es desde luego  tener vendimias que nos permitan vivir de nuestro trabajo , pero no por eso tenemos derecho a alejar de esas tierras a los insectos ,plantas y animales que por derecho están allí.Si nosotros queremos vinificar uvas que reflejen los lugares donde se criaron ; su terroir,los olores de su espacio, el frescor de las noches y el calor de las tardes de verano ,debemos proteger y potenciar la interacción entre las vides y el resto de plantas autóctonas ,debemos tener y potenciar la creación de redes microrrizicas,pero para que eso ocurra ,necesitamos Biodiversidad en nuestras viñas ,para que eso ocurra,nosotros los viticultores  tenemos que ser una insignificancia dentro de la Naturaleza

Imos utilizar as distintas imaxes para ir vendo vexetación nas marxes das viñas ou nas propias viñas e aproveitando podemos ver o estado de desenrolo das distintas castes de videiras.Caiño da Terra e Margaritas Amarelas ,Campo Redondo
Caiño da Terra as suas costas Flores e Tinta Amarela
Amorodo (Fresa Silvestre )detras Verdello.A Costiña Firvidelas
Frores do monte  nos bancais da Costiña, Firvidelas.
Falsa Menta e Frores ,cepas de Albilla e Silveiriña.
Talud na Costiña entre cepas de Lado.
Cepas de Lado na Costiña nesta imaxe podemos ver o último traballo que se fixo no chan, despois de ter iniciada a descomposición da cuberta vexetal paouse un gancho de tres dentes a pouca profundidade.
Frores do monte e Treixadura, fixádevos na diferencia de desenrolo con respecto as outras variedades
Godello, Firvidelas.
Charrúa(Chicharra)
O Cotiño Firvidelas
Roseiras, estan plantamolas Maria e mais eu
Estralotes nos socalcos de cepa nova en Firvidelas
                                               

domingo, 13 de mayo de 2012



Correndo detrás da desbrozadora ,así nos pasamos estes días en Firvidelas A Canda e o Curro xa no Val de San Vicente.O brusco cambio de tempo, de fermosas choivas e temperaturas moi baixas a calor con humidade, fixo que a vexetación se disparase de forma espectacular.A do chan e as das cepas que ate ese intre estaban adormecidas e aterecidas de frío.Nos xogamos sempre ca diferenza de desenrolo vexetativo que temos entre os dous vales , mais de 15 días na brotación e na floración para así poder organizar os traballos por zoas ,pero este ano e intentando aproveitar o máximo as choivas para que crecera a cuberta vexetal , xenaramos unha situación complicada xa que as herbas chegaron a cubrir as cepas que xa estaban brotadas .A balanza do risco tocou fondo pero os resultados mereceron a pena ,temos unha boa cobertura do chan ,que a promover unha segunda cuberta vexetal cas plantas autóctonas de Primavera.

As miñas amigas as Cadelas de Frade (tijeretas,para os que coma min son da quinta da Abeja Maya)

Corriendo detrás de la desbrozadora, así nos pasamos estos días en Firvidelas, ACanda y el Curro ya en el Valle de San Vicente.El brusco cambio de tiempo, de hermosas lluvias y temperaturas muy bajas a calor con mucha humedad,hizo que la vegetación se desarrollara de forma espectacular.La del suelo y la de las cepas que asta ese momento estaban adormecidas y ateridas de frio.Nosotros jugamos siempre con la diferencia de desarrollo vegetativo que tenemos entre los dos valles ,mas de 15 días en la brotación de cepas y plantas para organizar el trabajo por zonas , pero este año intentando aprovechar al máximo las lluvias para que creciera la cubierta vegetal generamos una situación complicada ya que las hierbas llegaron a cubrir las cepas que ya estaban brotadas. La balanza del riesgo toco fondo, pero los resultados merecieron la pena,tenemos una buena cobertura del suelo que va a promover una segunda cubierta vegetal con plantas autóctonas de Primavera.

Firvidelas
Foisenos das  mans, pero o chan ánolo agradecer
Corte de herba alto ,sempre deixamos islas de vexetación.
Esta araña custodia este  incipiente acio de Treixadura
A Canda, Brancellao, Sousón e outras Herbas
Eu, onte Sabado as 20:30 toupei(revente).FUKUOKA fundamenta parte do seu traballo ca corrente de MU,O NON FACER NADA ,moitas veces o non facer nada require moito esforzo.


Xa temos a Xarxa no seu punto , recollémola cedo na maña e metémola en augardente .A xarxa e un bo estimulante do crecemento nos primeiros estadios da planta e axuda na frutificación e tamén ten un bo efecto antifunxico.

Ya tenemos la Salvia en su punto, la recogemos bien temprano por la mañana y la metemos en el auguardiente.La Salvia es un buen estimulante del crecimiento en los primeros estados de la planta y ayuda en la fructificación y también tiene un buen efecto antifúngico.


                                           
 XARXA .SALVIA
                         

domingo, 6 de mayo de 2012




Seguimos  traballando no Val de San Amaro,  nesta semana estivemos  mimando o chan de Campo Redondo .Campo Redondo e unha viña que inicia o seu quinto ano de vida ,ten un perfil de solo moi prometedor cara o futuro ,pero  que nestes momentos e en determinadas partes da viña necesita unha pequena  axuda .Ate o ano pasado e ca utilización das sementeiras e preparados de plantas e biodinamicos  a evolución foi sempre cara arriba conseguindo que a superficie do chan estivese sempre cuberta por un manto vexetal .O pasado ano esa progresión  e debido a seca  detívose .
Xunto con André trazamos no finais do 2011 un plan de traballo especifico para Campo Redondo ia,requirir  traer material vexetal externo a parcela .Baixo ningún concepto podemos ter  partes da viña con chan nu  cando chegue o verán, a actividade microbiana do solo correría graves riscos .Sen  saír dos nosos vales subimos o monte e rozamos toxo, e cortamos tamén a veza e avea que previamente plantaramos nunha horta 



Seguimos trabajando  en el Valle de San Amaro, en esta semana estuvimos mimando el suelo de Campo Redondo.Campo Redondo es una viña que inicia su quinto año de vida,tiene un perfil de suelo muy prometedor cara el futuro,pero que en estes momentos y en determinadas partes de la viña necesita una pequeña ayuda.Hasta el año pasado y con la utilización de las cubiertas vegetales y preparados de plantas y biodinamicos la evolución del suelo fue siempre cara arriba,consiguiendo que la superficie del suelo estuviese siempre  cubierta por un manto vegetal.El pasado año esa progresión  y debido a la sequía se detuvo.
Junto con André trazamos a finales de 2011 un plan de trabajo especifico para Campo Redondo ,requeriría  traer material vegetal externo a la parcela.Bajo ningún concepto  podemos tener partes de la viña con el suelo desnudo cuando llegue el verano, la actividad microbiana del suelo correría graves riesgos.Sin salir de nuestros valles subimos al monte y cortamos tojo y también cortamos la avena y veza que previamente plantáramos en una huerta. 

CUBERTA EN CAMPO REDONDO
CORTE DE CUBERTA E PASE DE GANCHO
TOXO E HERBAS DO MONTE
MONTONS DE TOXO NAS CABECEIRAS
MULCHING DE TOXO
TRACTOR DE AVEZ E VEZA
MULCHIG DE VEZA E AVEA
                                    

Seguimos ca elaboración de extraccións vexetais para aplicación nas cepas e no solo .Xa temos a consolda en prefloración ,e o intre mais axeitado para recollela ,agora e cando mais rica e en nitróxeno , ferro, potasio, sílice,e tamén en oligoelementos como o zinc, magnesio,e boro.
O ano pasado comezamos a traballar con esta planta por indicacións de André que xa experimentara con ela en Portugal nos anos anteriores .Os resultados e contando ca grave seca que tivemos foron mais que espectaculares ,ben soa, ou asociándoa con outras extraccións hidroalcoholicas.

Seguimos con la elaboración de extracciones vegetales para la aplicación en las cepas y en el suelo .Tenemos la consuelda en prefloración ,es el momento adecuado para recogerla, ahora es la época en que mas rica esta en nitrógeno, hierro, potasio, sílice, y también en oligoelementos como,zinc, magnesio, y boro.
El año pasado comenzamos a trabajar con esta planta por indicación de André ,que ya experimentara con ella en Portugal los años anteriores .Los resultados y contando con la grave sequía que tuvimos fueron mas que espectaculares,bien sola,o asociándola con otras extracciones hidroalcoholicas.

CONSOLDA 

CONSOLDA E AUGARDENTE