sábado, 7 de abril de 2012


Dia 26 de Marzo, estamos nun período de lúa ascendente e en dia froito.A savia xa esta a subir con bastante forza nas cepas ,e un bo dia para a enxerta.Unha das facetas do proxecto ISSUÉ  e a recuperación de castes  autóctonas do Ribeiro ,castes que poboaron as viñas antes da chegada da filoxera que arrasou co viñedo galego e presentes tamén antes do cambio no modelo de viticultura obrigado pola fame posterior a guerra civil española.Non e tan só recuperar  a variedade senón tamén  ter o suficiente numero cepas para poder elaborar viños con esas uvas .Dende fai xa tres anos e tendo a sorte de poder contar con viñas moi vellas da variedade Palomino  iniciamos o proceso de cambio varietal en esas cepas . Sempre nos pareceu unha grande tristeza o arrincar cepas vellas polo que supón de perdida de todo ese patrimonio radicular que durante anos se esforzou en desenvolverse no solo das viñas.Temos que ter en conta que pasados dous anos as uvas resultantes da enxerta da nova variedade  conta  co todo ese patrimonio  que lle aporta a cepa vella e polo tanto obtemos uvas con un alto grado de interese para elaborar os nosos viños.
Este ano tocoulle a reenxerta a dous socalcos do Fexaco  un enxertouse con Silveiriña  ,e outro con variedades tintas :Ferrol , Carabuñeira ,Caiño Bravo ,Castañal,e Pedral .A moitas de estas variedades podemos acceder  pola sorte de contar ca persoa  que mais sabe de viticultura e castes  de Galiza ,Francisco Rego .

Día 26 de Marzo, estamos en un periodo de luna ascendente y en día fruto.La savia esta a subir con bastante fuerza en las cepas, es un buen día para la injerta. Una de las facetas del proyecto ISSUÉ es la recuperación de variedades autóctonas del Ribeiro, variedades que poblaron las viñas antes de la llegada de la filoxera que arraso con el viñedo gallego y variedades que desaparecieron con el cambio de modelo de viticultura obligado por el hambre posterior a la guerra civil española. No es tan solo recuperar la variedad sino también tener el suficiente numero de cepas para elaborar vinos con esas uvas. Desde hace ya tres años e teniendo la suerte de contar con viñas muy viejas de variedad Palomino, iniciamos el proceso de cambio varietal en esas cepas.Siempre nos pareció un hecho muy triste el arrancar cepas viejas por lo que supone de perdida de todo ese patrimonio radicular que durante años se esforzó en desenvolverse en el suelo de las viñas.Tenemos que tener en cuenta que pasados dos años las uvas que se van a vendimiar resultantes de la injerta de la nueva variedad cuentan con todo ese patrimonio que le aporta la cepa vieja, y por lo tanto obtendremos uvas con un alto grado de interés para elaborar nuestros vinos.
Este año reinjertamos dos bancales del Fexaco ,uno se injerto con Silveiriña y otro con variedades tintas:Ferrol,Carabuñeira,Caiño Bravo,Castañal y Pedral.A muchas de estas variedades podemos acceder  a ellas por la suerte de contar con la persona que mas sabe de viticultura y variedades autoctonas de Galicia Francisco Rego.Un saludo a Cantabria 

Reenxerta en Silveiriña

Cepas de mais de 80 anos
Patrimonio e sabiduria.
Bolboreta
As mans de Paco(Doutorado en Enxerta)
Poñendo a púa da nova variedade
Tapar con terra e a esperar .

No hay comentarios:

Publicar un comentario