5 anos maís, polo menos , frase con ton sentenciador ,pero de boa fe, foi o que pronunciou un amigo o final do día despois de estar
durante esa xornada dando unha volta polas miñas viñas vendo como lle estaban sentando
o solo e as cepas un comezo de Outono
húmido e con moi boa temperatura. Quedan aínda moitísimo anos de traballo, espero, pero o que si
xa tiña valorado nestes últimos tempos e que ia necesitar cinco anos maís de
intenso e duro traballo para lograr a ansiada estabilidade de: chans que aínda non lograr ser
minimamente independentes, viñas vellas que se reinxertaron , e que
reinxertaremos o ano que ben, viñas novas que están no duro e lento tramo de afondar e afondar en chans pobres, e como non estabilidade económica, que nos permita ter
tempo para perder o tempo. Pois aquel día meu amigo e maís eu vimos que a entrada do
Outono lle sentou moi ben a chans e
cepas, necesitaban ámbolos dous recuperar forzas antes de chegar o letargo
invernal, verde moito verde, herba , chans moi vivos.
Finalizada a
vendima, seguimos co programa de traballos xa previstos, poñer toxo en aquelas
viñas que o necesitan, poñer tamén restos de monte en aqueles chans que están
en proceso de voltar a vida, desenraizar os enxertos feitos na Primavera, facer
os pes nas viñas que non foron feitos nos meses de Abril e Maio … e hoxe comezar a facer o
augardente, o previsto.
5 años más, por lo menos, frase que con tono
sentenciador , pero de buena fe , fue la que pronuncio un amigo al final del
día y después de estar durante esa jornada dando una vuelta por las viñas,
viendo como le estaban sentando al suelo y cepas un comienzo de Otoño húmedo y
con muy buena temperatura. Quedan aun muchísimos años de trabajo, espero, pero
lo que si ya tenía valorado en los últimos tiempos es que voy a necesitar cinco
años mas de intenso y duro trabajo, para logra la ansiada estabilidad de : suelos que aun no logran ser mínimamente
independientes, viñas viejas que se reinjertaron, y que reinjertaremos el año
que viene, viñas jóvenes que están en el duro y lento tramo de profundizar y
profundizar en suelos pobres, y como no la estabilidad económica que nos
permita tener tiempo para perder el tiempo. Pues aquel día mi amigo y yo vimos
que la entrada del Otoño le sentaron muy bien al suelo y cepas, ambos
necesitaban recuperar fuerzas antes de llegar al letargo invernal, verde mucho
verde ,hierba, suelos muy vivos.
| Firvidelas, solos moi ben estruturados, e vivos |
| Trasladamos todos esos " obreiros" para as viñas reinxertadas do Fexaco |
| Unha vez posto o monte, por encima o toxo: nitroxeno, carbono. |
Mais viña vella que pasa a formar parte do proxecto no Fexaco,unha parte, a maís antiga, cepas de Lado de maís de 80 anos van a recuperarse, os socalcos de Palomino e Godello van a reinxertarse, puxemos tamén moito toxo nelas.
Espadeiro, Tinto Serodio, Corbillón boa enxerta no Fexaco o socalco da cima vai tocarlle na proxima Primavera.
| Seis meses de vida ten este inxerto de Espadeiro sobre un pé de maís de 90 anos en chan moi granitico nos Vidueiros, Ribeiro, maís ca unha D.O. |