domingo, 23 de diciembre de 2012

Ribeiro



Ano 1016, Foro de concesión vitícola do Mosteiro de Arnoia, un dos máis antergos de Galiza. Ano  1204 Foro das Viñas de Ribadavia do Monarca Afonso  IX , un dos documentos medievais máis antigos e completos sobre os viñedos que o rei tiña en Ribadavia, mais a presenza da vid no noso pais data xa de épocas anteriores.O impulso e desenrolo da vitivinicultura galega ben da man das ordes monásticas, tomando dimensións certamente grandiosas ca chegada as nosas terras da Orden Francesa do Cister, a fundación de mosteiros e granxas vitícolas por todo o Ribeiro e neste período e imparable.


Remuiño, resistencia o paso do tempo, pequena mostra do que foi o Ribeiro, na parte máis alta desta ladeira estan Os Casás a nosa viña máis afastada(lejana).

Durante o século XIV iniciase o exportación do viño do Ribeiro por vía marítima a Inglaterra, Holanda, Escocia, Irlanda, Alemaña e a Bretaña Francesa, este comercio será prospero e continuo ata o século XVIII, os ingleses son os donos do comercio vinícola do Ribeiro en Europa.En Asturias , Cantabria, Pais  Vasco bébense os viños do Ribeiro.Estas son pequenas pinceladas do que algún dia foi o Ribeiro, o grande viñedo de Europa, xunto co resto de zoas vitícolas de Galiza, máis de 10.000 hectáreas na nosa comarca na que tan so unha pequena parte esta cuberta aínda de cepas, mais aínda quedan as ladeiras do Vales, os Socalcos, os Muros ,as castes, os pequenos carreiros polos cales os viticultores exercían unha viticultura heroica,única, natural, todo isto agochado debaixo dos carballos, sobreiras …. esperando que alguén os descubra e, imaxine.

Micheiro, no Val de San Vicente esta zoa e a prolongacion de Firvidelas cara o Cañon do rio Arnoia na ladeira orientada o Este, foi abandonada cara o ano 1940.

O Rial, Carnóns, San Roque ladeira do Val de San Vicente orientada o sur, debaixo dos montes que vedes, viñas, viñas e máis viñas.

Año 1016, Foro de concesión vitícola del Monasterio de Arnoia, uno de los mas antiguos de Galiza.Año 1204 Foro de las Viñas de Ribadavia del Monarca Alfonso IX, uno de los documentos medievales mas antiguos y completos sobre los viñedos que el rei tenia en Ribadavia, mas la presencia de la vid en nuestro país data ya de épocas anteriores. El impulso y desarrollo de la vitivinicultura gallega viene de las manos de las ordenes monásticas, tomando dimensiones ciertamente grandiosas con la llegada a nuestras tierras de la Orden Francesa del Cister, la fundación de monasterios y granjas vitícolas por todo el Ribeiro en este periodo es imparable.


 Nas viñas construianse pequenas casas para protexerse do mal tempo, comer e incluso dormir.As distancias dos pobos a moitas viñas eran longas e percorrianse a pé.O Rial Val de San Vicente, ladeira orientada o sur-oeste.

Durante el siglo XIV se inicia la exportación del vino del  Ribeiro por vía marítima a Inglaterra, Holanda, Escocia, Irlanda, Alemania y la Bretaña Francesa, este comercio sera prospero y continuo asta el siglo XVIII, los ingleses son los dueños del comercio vinícola del Ribeiro en Europa.En Asturias, Cantabria, País Vasco se beben los vinos del Ribeiro. Estas son pequeñas pinceladas de lo que algún día fue el Ribeiro, el gran viñedo de Europa, junto  con el resto de zonas vitícolas de Galiza, mas de 10.000 hectáreas en nuestra comarca en la que tan solo una pequeña parte sigue cubierta de cepas.Pero  aun están nuestras laderas de los Valles, Bancales, Muros, Variedades, los pequeños caminos por los cuales los viticultores ejercían una viticultura heroica, única, natural, todo esto debajo de los  robles, sobreiras, herbedos.. que ahora pueblan esas laderas, esperando que alguien las descubra e, imagine.

Socalco  no Rial, esta zoa foi abandonada preto dos anos 1960, unha pequena parte sigue en producción.

 A Fontiña de Ouro ladeira orientada o sur no Val de San Vicente, esta zoa e impresionante, son centos e centos de socalcos(bancales)  dende o Rial ate a parte superior do monte, miña avoa (abuela)recordaba que nos anos 1930 ainda se traballaba algunha de estas viñas.Mais de 120 hectareas das que apenas quedan 5.

Socalcos na Fontiña de Ouro,  imaxinar o que tiña que ser todas estas ladeiras poboadas de cepas danos idea do tremendo traballo y explendor de eses anos de" Ouro "no Ribeiro

M
Muros de maís de tres metros de alto e longuísimos, verdadeiras obras de enxeneria feitas por mans de homes e mulleres que vivian en comunión co seu entorno.

Seguimos na Fontiña de Ouro, a casa maís preta nos anos 1930 estaba a máis de 1 hora e media  andando.

Val de San Amaro ladeira orientada o Sur- Oeste, estamos na Lomba, este estreito camiño vai cara os montes onde estiven traballando o mes pasado recollendo o estrume .Maís de 60 hectáreas exactamente como as da foto.

Val de San Amaro ladeira orientada o Sur, estamos en Campo Redondo, encima da miña viña, nesta zoa que ten unha grande pendiente podemos encontrar socalcos de máis de 1500m de superficie.

Tan so me detiven nunha pequena parte do Ribeiro, nos Vales do rio Arnoia que e onde eu traballo, pero quedan os Vales do Avia, do Miño.......imaxinade


No hay comentarios:

Publicar un comentario